Taboíñas interdixitais con cascabeis.
As taboíñas interdixitais é unha denominación de conveniencia para un tipo de idiófono de colisión formado por dúas pequenas pezas planas de madeira que se colocan entre os dedos de cada man e se fan soar ao movelas para que choquen entre si. O seu uso foi tradicionalmente lúdico, máis próximo ao xogo infantil ca á práctica musical formal, aínda que en certas ocasións serviron como acompañamento rítmico en bailes ou representacións populares.

Comentarios
Publicar un comentario